O contrato realizarase con doutores/as. Non é precisa acreditación; non obstante, en aplicación da disposición transitoria terceira da LOSU, a acreditación vixente de profesor/a axudante doutor/a, considerarase como un mérito preferente para os efectos do acceso a esta figura de profesor/a.
A finalidade do contrato será a de desenvolver tarefas docentes e de investigación.
O contrato de profesor axudante doutor será de carácter temporal e con dedicación a tempo completo. A súa duración non poderá superar os seis anos, excepto en persoas con discapacidade, que non poderá superar os oito anos.
1º. A inscrición de participación farase cumprimentando o formulario integrado na aplicación web da Universidade de Vigo, seguindo o correspondente proceso.
· O acceso para as persoas que xa teñen usuario de Secretaría Virtual farase a través da mesma (https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/), unha vez identificadas, e do apartado “Concursos de PDI”
· O acceso para aqueles usuarios externos á Universidade, sen usuario de Secretaría Virtual, a través do enlace https://matricula.uvigo.es/loginX/login.asp
2º. Unha vez cumprimentada e validada a inscrición a través da aplicación web, a mesma deberá ser presentada na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal).
A que se indica na base 3.3 da convocatoria. Esa documentación -incluída a copia da solicitude xerada na fase de inscrición- deberase presentar a través da sede electrónica.
ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN
Servizo de Persoal Docente Investigador correo electrónico: consultapdi@uvigo.es.
Teléfonos 986 813765 – 986 813421
PRAZO DE RESOLUCIÓN
Catro meses a contar dende a publicación do anuncio da convocatoria no DOG.
SENTIDO DO SILENCIO
Desestimatorio.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
NORMATIVA APLICABLE
Lei orgánica 2/2023 de 22 de marzo do Sistema Universitario (LOSU) e, en tanto non se opoñan ao establecido nela:
- Decreto 266/2002, do 6 de setembro, da Xunta de Galicia sobre contratación de profesorado universitario
- II Convenio Colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo
- Estatutos da Universidade de Vigo
- Normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios e ás categorías de profesorado permanente laboral e profesorado axudante doutor de 2024.
FORMULARIOS RELACIONADOS
Figuran dispoñibles na web da convocatoria á que se poderá acceder dende o repositorio de convocatorias da Universidade de Vigo https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, filtrando por Tipo: “Concursos de profesorado” e empregando como palabra-chave “AD2403”:
- os modelos de documentos precisos para complementar a solicitude e documentación anexa,
- así como o modelo de curriculum vitae e instrucións sobre o modo de xustificación dos méritos.
ADVERTENCIA: curriculum vitae, xustificación de méritos e proxecto docente e investigador presentaranse ante a comisión de selección no acto de presentación.
OBSERVACIÓNS
Recoméndase a todas as persoas interesadas ler atentamente as bases completas do concurso, a presente información non ten valor xurídico.