headerheader-400header-800
Volver

SPDI - 2º Concurso público para a contratación de profesorado asociado. Curso académico 2023-2024

Concurso público para cubrir necesidades docentes mediante a contratación en réxime laboral de profesorado asociado.

Os requisitos de participación son os establecidos na base primeira da convocatoria, accesible a través do hipervínculo https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, seleccionando “Emprego” e logo “Concursos de profesorado”.

O contrato de profesor asociado poderase celebrar con especialistas de recoñecida competencia que acrediten exercer a súa actividade profesional fóra do ámbito académico universitario.

A finalidade do contrato será a de desenvolver tarefas docentes a través das que acheguen os seus coñecementos e experiencia profesionais á universidade.

O contrato será de carácter indefinido e con dedicación a tempo parcial.

A solicitude de participación xerarase cubrindo o formulario integrado na aplicación­ web da Universidade de Vigo, seguindo o correspondente proceso de inscrición, e xuntando a documentación requirida (documento de identidade, titulación e declaración responsable conforme a Anexo VI). O enlace é distinto segundo se trate de persoas que xa teñan usuario de Secretaría Virtual ou non, tal e como se indica máis adiante no apartado FORMULARIOS RELACIONADOS.

Esta mesma aplicación será a que permitirá realizar o pagamento telemático das taxas ou, no seu defecto, xerar o impreso para o pagamento manual a través das entidades colaboradoras.

A solicitude de participación xerada pola aplicación web deberá ser presentada, xunto coa documentación correspondente, na sede electrónica da Universidade de Vigo a través deste procedemento. O tamaño máximo de todo o conxunto de documentos é de 35 MB.

Xunto coa solicitude de participación xuntarase a documentación indicada no punto 2 da base terceira da convocatoria:

a)       Curriculum vitae (requisitos: modelo oficial do anexo III, arquivo en formato PDF, asinado electronicamente e nomeado como Curriculo_DNI_CodPlaza.pdf). Non serán valorados méritos que non estean detallados no dito curriculum vitae ou ben non se xustifiquen documentalmente.

b)      Méritos (requisitos: todos os documentos e publicacións xustificativos dos méritos alegados figurarán nun único arquivo, seguindo a paxinación indicada no curriculum vitae e xerado conforme o anexo V, arquivo en formato PDF e nomeado como Xustifica_DNI_CodPlaza.pdf).

c)       Proxecto docente (requisitos: arquivo en formato PDF e nomeado como Proxecto_DNI _CodPlaza.pdf).

d)      Exención de taxas: Xustificante, se é o caso, da exención parcial ou total de taxas.

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

 Servizo de Persoal Docente Investigador, correo electrónico: consultapdi@uvigo.es

Teléfonos 986 813765 - 986 813421 - 986 130305

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Desde o 7 ao 21 de decembro de 2023. (Pendente de que DOG publique o día 5)

NORMATIVA APLICABLE

O concurso rexerase polas bases da convocatoria, polo disposto na Lei orgánica 2/2023, de 22 de marzo, do Sistema Universitario, polo Decreto 266/2002, do 6 de setembro, da Xunta de Galicia sobre contratación de profesorado universitario, polo II Convenio Colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, polos Estatutos da Universidade de Vigo, e polo acordo do Consello de Goberno do 10 de maio de 2011 (modificado por acordo do 21 e 22 de marzo de 2013).

FORMULARIOS RELACIONADOS

·         Enlace para persoas que xa teñan usuario de Secretaría Virtual:
https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/index.php?modulo=index

·         Enlace para persoas externas, sen usuario de Secretaría Virtual:              
https://matricula.uvigo.eres/loginX/login.asp

OBSERVACIÓNS

Recoméndase a todas as persoas interesadas ler atentamente as bases completas do concurso, a presente información non ten valor xurídico.



Volver