headerheader-400header-800
Volver

SGRA - Admisión por cambio de centro

Continuar a titulación de grao noutro centro que imparte o mesmo plan de estudos

Estudantes que, unha vez cursado ao menos o primeiro curso dun plan de estudos impartido en máis dun centro da UVigo, desexen cambiar de facultade ou escola

A través da sede electrónica da Universidade de Vigo, polo que, será necesario posuír algún medio válido de identificación electrónica. De xeito excepcional as persoas de nacionalidade extra comunitaria sen residencia en España, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.

1.                   Premer no botón “iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla

2.                   É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións

3.                   No apartado “expón” especificar o motivo: “solicitude de cambio de centro”

4.                   No apartado “solicita” especificar o centro para o que se desexa o cambio

5.                   Escoller no despregable de destinos, a opción que corresponda

Non é necesario aportar documentación

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

A área de grao do centro de estudos responsable da titulación solicitada

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Do 1 ao 30 de xuño ás 23:59:59 horas

PRAZO DE RESOLUCIÓN

O 31 de xullo.

NOTIFICACIÓN

Indicarase no apartado de medios de aviso de notificación unha dirección electrónica válida

SENTIDO DO SILENCIO

Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da Lei 39/2015

NORMATIVA APLICABLE

Resolución reitoral pola que se publica a convocatoria de admisión, matrícula e avaliación nas ensinanzas de grao para cada curso académico

Volver