SGRA - Admisión en curso ponte de persoas tituladas pola UVigo
Descrición
Dirixido a
Persoas que estean en posesión dun título de diplomada ou diplomado, de mestra ou mestre ou de enxeñeira técnica ou enxeñeiro técnico pola UVigo.
Como facelo
A través da sede electrónica:
Premer no botón “iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións.
No apartado “expón” especificar o motivo da solicitude: “solicitude de admisión no curso de adaptación (curso ponte)”
No apartado “solicita”: o nome do curso
Escoller no despregable de destinos o centro no que se solicita a admisión.
Anexar a documentación, de ser o caso (só PDFs).
Documentación requirida
Non é necesario presentar documentación salvo no caso de precisar demostrar experiencia profesional, acreditación de lingua inglesa ou calquera outro requisito específico de selección.
Observacións
ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN
A área de grao do centro de estudos responsable da titulación solicitada.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Do 1 de xuño ao 15 de xullo ás 23:59:59 horas
PRAZO DE RESOLUCIÓN
As listaxes provisionais publicaranse no taboleiro electrónico como máximo o 22 de xullo. Poderanse presentar reclamacións a través da sede electrónica ata o 26 de xullo.
As listaxes definitivas publicaranse antes do 26 de agosto.
SENTIDO DO SILENCIO
Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da lei 39/2015.