SGRA - Admisión para cursar unha mención persoas tituladas na UVigo
Descrición
Dirixido a
Graduadas e graduados pola UVigo, nunha titulación impartida en máis dun centro, que desexen cursar outra mención noutra facultade ou escola.
Como facelo
A través da sede electrónica:
Premer no botón “iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
É imprescindible indicar ben no apartado de medios de aviso de notificación no momento de iniciar este procedemento unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións.
No apartado “expón”: especificar o motivo: “solicitude para cursar unha mención nun centro distinto”.
No apartado “asunto” especificar o nome da mención
Escoller no despregable de destinos, o centro no que se solicita cursar a nova mención.
Documentación requirida
Non é necesario aportar documentación
Observacións
ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN
A área de grao do centro de estudos responsable da mención solicitada.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes é do 1 de xuño ao 30 de xuño ás 23:59:59 horas
PRAZO DE RESOLUCIÓN
O 31 de xullo de 2022.
SENTIDO DO SILENCIO
Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da lei 39/2015.