SCON - Alta de provedores e acredores da Universidade de Vigo
Descrición
Dirixido a
Persoas físicas e xurídicas.
Como facelo
Para a presentación da solicitude de alta de provedores e acredores será necesario posuír algún medio válido de identificación electrónico:
-Persoas xurídicas: Certificado de representante de persoa xurídica da FNMT.
-Persoas físicas: Certificados electrónicos do sistema Cl@ve, Certificado de persoa física da FNMT, así como o DNIe.
Pasos a seguir:
Pulse o botón Iniciar tramitación visible na marxe superior ou inferior dereito da pantalla.
No apartado Medios de aviso de notificación, é imprescindible indicar unha dirección electrónica válida.
Na pestana Documentación anexar o Certificado de titularidade de conta bancaria.
Pulse o botón Enviar solicitude.
Pulsar o recadro Si da ventá de Confirmación de datos para finalizar o trámite de solicitude.
Si desexa descargar o Xustificante de rexistro e comprobar a documentación aportada pulse a pestana Expedientes situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.
Nota importante: Para persoas xurídicas só se admitirán as solicitudes realizadas a través da sede electrónica.
Documentación requirida
Certificado de titularidade de conta bancaria (é válido o obtido a través da banca electrónica)
Observacións
ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN
Servizo de Contabilidade, Orzamentos e Tesourería.