headerheader-400header-800
Volver

SGRA - Admisión por recoñecemento dun mínimo de 30 créditos

Admisión nun grao na Universidade de Vigo procedente do mesmo grao cursado noutra universidade española ou de distinto grao ou outros estudos universitarios iniciados na Universidade de Vigo ou noutra universidade española, por recoñecemento de polo menos 30 créditos.

Estudantes de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, enxeñaría técnica, arquitectura ou arquitectura técnica, que non finalizasen estes estudos e desexen continualos nun grao

En sede electrónica dirixida á área académica de grao (secretaría de alumnado) da Facultade ou Escola onde se vai a cursar o grao para o que se solicita a admisión

Manual do usuario para presentación de solicitudes

-         Certificación académica expedida pola universidade de procedencia.

-          Programas ou guías docentes de cada unha das materias (seladas ou con código de verificación) das que pretende o recoñecemento correspondente ao curso académico no que as superou.

-          DNI, NIE ou pasaporte.


ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

Persoal das áreas académicas de grao das Facultades e das Escolas (secretarías de alumnado):

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2019-11/Telefonos_correos_secretarias_estudantes.pdf

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Durante o mes de xuño de cada ano

PRAZO DE RESOLUCIÓN

Ata o 31 de xullo de cada ano

SENTIDO DO SILENCIO

Estimatorio, conforme ao artigo 24 da Lei 39/2015.


NORMATIVA APLICABLE

Admisión de estudantes con estudos universitarios iniciados na Universidade de Vigo ou noutra universidade española

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/296


Convocatoria de admisión e matrícula nos ensinos de grao da Universidade de Vigo para o curso académico correspondente:

Convocatoria

FORMULARIOS RELACIONADOS

Dende : 01/06/2020

Ata : 30/06/2020


Volver