1. Premer no botón Iniciar tramitación, visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
2. É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións.
3. No apartado Documentación (Opcional), anexar os arquivos coa documentación (en formato .PDF).
4. No apartado Expón, especificar o nome da titulación de grao e o nome do centro onde se desexa a praza.
5. No apartado Solicita, especificar o recoñecemento dos estudos aos efectos de obter a praza.
6. Escoller, no despregable de destinos, a opción que corresponda.
7. Pulse o botón Enviar solicitude.
8. Pulsar o recadro «Si» da venta de Confirmación de datos para finalizar o trámite de solicitude.
9. Si desexa descargar o Xustificante de rexistro e comprobar a documentación aportada pulse a pestana Expedientes, situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.
De xeito excepcional, as persoas de nacionalidade extra comunitaria sen residencia en España, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.