headerheader-400header-800
Volver

SXER - Reclamación á proclamación provisoria de resultados. Eleccións representantes de estudantes - Consellos de Departamento.

Mediante este procedemento as persoas candidatas (estudantes) poderán presentar un escrito de reclamación ante a Comisión Electoral, no caso de detectar algún erro na proclamación provisoria de candidaturas electas.

O estudantado que presentou a súa candidatura para as eleccións de representantes no Claustro consonte a normativa aplicable.

A través da sede electrónica da Uvigo:

1.       Premer no botón “Iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.

2.       Anexar o escrito. Recoméndase indicar no asunto o nome do procedemento (Reclamación á proclamación provisoria de resultados. Eleccións representantes de estudantes -  Consellos de Departamento).

Presencialmente:

1.       Poderá presentarse o escrito de reclamación nas oficinas de asistencia en materia de rexistro de calquera dos tres campus.

Campus de Vigo:

·         Edificio Exeria - Servicios Centrais.

Campus de Ourense:

·         Edificio Administrativo. Campus universitario As Lagoas.

Campus de Pontevedra:

·         Escola de Enxeñaría Forestal. Campus universitario A Xunqueira.


Escrito razoado dirixido á Presidencia da Comisión Electoral no que se fundamente a reclamación.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

Secretaría Xeral

Teléfono: 986 812018 / 986 813614

Enderezo electrónico: cosecxeral@uvigo.gal / sxeral@uvigo.gal

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Dende o 31 de marzo ao 02 de abril de 2025

INFORMACIÓN ADICIONAL

Transcorrido o prazo de reclamacións, a Comisión Electoral publicará a proclamación definitiva de candidaturas electas o 08 de abril de 2025, consonte o establecido no calendario electoral.

NORMATIVA APLICABLE

1.       Resolución do 23 de xaneiro de 2025, de convocatoria de eleccións de representantes de estudantes nos Consellos de Departamento

2.      Regulamento electoral xeral da Universidade de Vigo

3.      Decreto 13/2019, de 24 de xaneiro, polo que se aprobaron os estatutos da UVigo: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/267


Volver