headerheader-400header-800
Volver

UCAL - Selección do persoal avaliador para participar nas Comisións de Avaliación do Programa Docentia (Estudantes)

O obxectivo da convocatoria é cubrir as vacantes do panel das persoas avaliadoras seleccionando ao profesorado e alumnado que actuará en cada unha das comisións de avaliación existentes no marco do programa Docentia

Poderán solicitar a participación na convocatoria o profesorado e o alumnado de centros propios da Universidade de Vigo

  1.        Pulse o botón «Iniciar tramitación» visible na marxe superior ou inferior dereito da pantalla.
  2.        No apartado «Medios de aviso de notificación», é imprescindible indicar unha dirección electrónica válida.
  3.        Na pestana “Documentación” anexar a solicitude de participación (ANEXO I) acompañada se procede, da documentación xustificativa.
  4.        Pulse o botón «Enviar solicitude».
  5.        Pulsar o recadro «Si» da venta de «Confirmación de datos» para finalizar o trámite de solicitude.
  6.        Si desexa descargar o «Xustificante de rexistro» e comprobar a documentación aportada pulse a pestana «Expedientes» situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.

ANEXO I “Solicitude de participación” que deberá vir acompañada, se procede, da documentación xustificativa.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

Servizo: Área de Calidade.

Teléfono: 986813897.

Correo electrónico: seccalidade@uvigo.es

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 06/02/2026 a contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

3 meses

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo

NORMATIVA APLICABLE

CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PERSOAL AVALIADOR PARA PARTICIPAR NAS COMISIÓNS DE AVALIACIÓN DOCENTE DO PROGRAMA DOCENTIA

 



Volver