headerheader-400header-800

Novas da Sede Electrónica

Ante a situación creada pola COVID-19 e coa fin de garantir a seguridade do persoal de administración e servizos así coma do resto dos membros da comunidade universitaria e cidadanía en xeral, os servizos administrativos atenderán por medio do sistema de cita previa se fora necesaria a súa presenza nas dependencias da Universidade de Vigo.

Polo anterior, antes de desprazarse ás nosas oficinas, rogámoslle que se poña en contacto co persoal do servizo competente co que deba realizar as súas xestións para que lle dean as instrucións oportunas ou a cita correspondente.

Consulte en https://www.uvigo.gal/directorio-pas os distintos teléfonos e correos electrónicos dos servizos/áreas/unidades da Universidade de Vigo.

Moitas grazas pola súa colaboración.

 

 

Atópanse a disposición das usuarias e usuarios as guías de axuda para a tramitación de instancias xenéricas e de instancias para emenda e mellora de solicitude.

Pódense consultar en ambos procedementos no apartado "Como facelo".