A Sede da Universidade de Vigo está dispoñible a través do enderezo electrónico https://sede.uvigo.gal.
Segundo o artigo 38.6 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, as sedes electrónicas empregarán, para identificarse e garantir unha comunicación segura con elas, certificados recoñecidos ou cualificados de autenticación de sitio web ou medio equivalente. Dando cumprimento a este artigo, a Sede electrónica da Universidade de Vigo emprega para identificarse e garantir unha comunicación segura un certificado de autenticación de sitio web emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre - Real Casa da Moeda (FNMT - RCM) que permite:
A Universidade de Vigo, na súa Sede electrónica, utilizará os seguintes certificados electrónicos:
Número de serie: 3ca07aa05d7c33476229affe71eb7186
Prestador de Servicios que emite o certificado: CN = AC Administración Pública SERIALNUMBER =Q2826004J OU =GEANT OV RSA CA 4
Periodo de Validez do certificado: 30 de enero de 2024, 2:00:00 ata 30 de enero de 2025, 1:59:59
Pegada dixital (SHA256):B4 52 18 94 CC 62 A5 68 C8 5D CD 05 56 18 F3 FD 50 17 50 42 BC 06 A1 7E B0 E7 AF F0 E7 D6 8A 717
Uso da chave: Sinatura dixital, Cifrado de clave (a0)
Número de serie: 303eeaff3552a79c619e14032c295d2b
Prestador de Servicios que emite o certificado: CN = AC Administración Pública SERIALNUMBER =Q2826004J OU = CERES O = FNMT-RCM C = ES
Periodo de Validez do certificado: 10 de noviembre de 2024 11:29:23 – 15 de octubre de 2027 11:29:23
Pegada dixital (SHA256): 12cc0cc9c5b35738d607178a96103f0ce45d73f8
Uso da chave: Sinatura dixital, Sen repudio, Cifrado de clave (a0)
A validación dos certificados da sede pódese realizar de forma directa e gratuíta a través da plataforma VALIDe (Aplicación de validación de firma e certificados Online e Demostrador de servizos de @firma), un servizo mantido polo Goberno de España.
Valide os certificados desta sede electrónica premendo aquí.
Pode obter máis información sobre VALIDe premendo aquí.
Pode obter máis información sobre os servizos de @firma premendo aquí.
A Sede electrónica da Universidade de Vigo admite os certificados electrónicos da plataforma Cl@ve (Identidade electrónica para as Administracións) incluídos na "Lista de confianza de prestadores de servizos de certificación" do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. Cl@ve contempla tamén a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos, incluído o DNI-e.
Pode obter unha lista completa dos prestadores aceptados no apartado "DPV e información de certificados soportados" da área Descargas no PAe (Portal de Administración electrónica), premendo aquí.
Pode obter máis información sobre Cl@ve premendo aquí.
Manual para a obtención do certificado de usuario da FNMT