A Sede electrónica da Universidade de Vigo deseñouse co obxectivo de ser accesible á cidadanía, de maneira que aquelas persoas con calquera tipo de discapacidade ou limitacións de tipo tecnolóxico non queden excluídas.
Marco normativo
A Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, recolle na súa Disposición Adicional Quinta.- Accesibilidade para as persoas con discapacidade e de idade avanzada á información proporcionada por medios electrónicos, a necesidade de que as Administracións públicas adopten as medidas necesarias para que a información dispoñible nas súas respectivas páxinas de internet poida ser accesible a persoas con discapacidade e de idade avanzada.
O desenvolvemento parcial da devandita lei realízase a través do Real Decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.
A Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, sinala no seu artigo 38 dedicado á sede electrónica que o principio de accesibilidade deberá ser respectado na determinación das condicións e instrumentos de creación de sede electrónica.
Os sitios web das administracións públicas teñen o deber de cumprir os criterios de accesibilidade indicados na norma UNE 139803:2004 . Esta normativa fixa unha serie de características que todo portal Web debe cumprir se quere ser accesible, servindo ademais como base para a Certificación de Accesibilidade TIC ( Accesibilidade Web ) actualmente vixente en España.
Así mesmo, os sitios web da administración deben satisfacer todos os puntos de verificación de prioridade 2 (adecuación de nivel Dobre A) definidos na especificación de Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web ( WCAG 1.0 ) pola Iniciativa de Accesibilidade Web ( WAI ) do Consorcio World Wide Web ( W3C ).
A Universidade de Vigo ten como obxectivo principal que o seu sitio web sexa todo o accesible e usable posible. Deste xeito, realizouse adaptándose aos estándares e normativas vixentes en relación á accesibilidade. En calquera caso, é posible que encontre algunha páxina que non se adapte ao 100% a estes estándares, xa que algunhas das seccións contidas no portal están en proceso de adaptación e mellora. Se vostede experimenta algunha dificultade no acceso á información contida neste sitio web, por favor, contacte connosco . Realizaremos as melloras necesarias coa maior brevidade posible.
Hai que ter en conta que para realizar operacións con sinatura electrónica o navegador debe empregar javascript e os compoñentes clientes de sinatura electrónica precisos.
Dependendo do navegador que empregue, o procedemento é distinto. Deseguido explicamos o funcionamento para os navegadores máis habituais.
Se desexa cambiar o tamaño do texto deste sitio web, pode facelo a través do propio navegador, no menú "Ver", opción "Tamaño do texto", pode aumentar ou reducir o tamaño das letras.
A accesibilidade das páxinas deste sitio web revísanse previamente á súa publicación.