headerheader-400header-800
Volver

SGRA - Solicitude de praza sobrante

Acceder a unha titulación de grao, que non teña cubertas todas as prazas ofertadas e sen lista de agarda, unha vez rematado o proceso de preinscrición da CiUG.


Persoas que cumpran calquera dos requisitos de acceso á universidade previstos no Real Decreto 412/2014

A través da sede electrónica da Universidade de Vigo, polo que, será necesario posuír algún medio válido de identificación electrónica. De xeito excepcional as persoas de nacionalidade extra comunitaria sen residencia en España, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.

1.       Seleccionar o formulario de prazas sobrantes, cubrir todos os apartados e gardalo en PDF no PC para subir no momento da tramitación. Este formulario é obrigatorio e non cubrir todos os apartados será motivo de exclusión.

2.       Premer “iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.

3.       Indicar no apartado de medios de aviso de notificación unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións.

4.       Achegar o formulario de prazas (en PDF) e, de selo caso, achegar documentación.


Publicación no Taboleiro:

https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=40100613

Relación de prazas sobrantes:

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/docs/estudar/xestions/grao/oferta_sobrantes.pdf

1.      

·         Título que habilite para o acceso á universidade, ou xustificante de abono dos prezos públicos da súa expedición, ou

·         certificación coas cualificacións obtidas nos estudios rematados, ou

·         Solicitantes con estudos realizados no estranxeiro, unha credencial definitiva de homologación ou equivalencia

·         Non terá que presentar documentación quen xa teña un expediente anterior na UVigo ou quen obtivera o título que habilita para o acceso á universidade no Sistema interuniversitario de Galicia e teña os seus datos en NERTA

A persoa que teña que presentar documentación e de non o faga, quedará excluída.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

O Servizo de Xestión de Estudos de Grao / 986 813607 / soporte.grao@uvigo.es

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Do 23 de setembro ao 4 de outubro ás 23:59:59 horas

PRAZO DE RESOLUCIÓN

Cinco días hábiles desde a entrada da solicitude

SENTIDO DO SILENCIO

Desestimatorio, conforme o artigo 24 da Lei 39/2015.

NORMATIVA APLICABLE

Resolución reitoral pola que se publica a convocatoria de admisión, matrícula e avaliación  nas ensinanzas de grao para cada curso académico


Volver