headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SGRA - Solicitude de praza sobrante

Permite obter unha praza sobrante nunha titulación de grao que, unha vez rematado o proceso de prescrición, non teña cubertas todas as prazas ofertadas e non teña lista de agarda.

Persoas que estean en posesión:

  •  dun título que habilite para o acceso á universidade, ou
  •  xustificante de abono dos prezos públicos de expedición do mesmo, ou
  •  certificación expedida polo centro de estudos coas cualificacións obtidas nos estudos rematados, ou
  •  no caso de solicitantes con estudos realizados no estranxeiro, unha credencial definitiva
  •  de homologación ou equivalencia.

A través da sede electrónica:

  1. Seleccionar na ficha do procedemento o formulario que aparece abaixo da mesma “Solicitude de admisión – Procedemento de prazas sobrantes”. Escoller o PDF na lingua desexada, cubrir o que proceda e gardalo no PC para subir no momento da tramitación.
  2. Premer “iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
  3. É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións.
  4. No apartado “expón”: especificar o motivo: “solicitude de praza sobrante”
  5. Achegar o PDF previamente descargado “solicitude de admisión” que contén a información da praza solicitada e a documentación que proceda seleccionando os documentos que se desexen engadir á solicitude (solo PDFs)

En todos os casos:

  1. Formulario de solicitude (dispoñible ao final desta ficha)

Documentación complementaria a achegar á solicitude (non presentala será motivo de exclusión):

  1. Estará exento quen teña un expediente académico oficial aberto na UVigo ou quen acadara o
    título que habilita para o acceso á universidade no Sistema Universitario de Galicia e teña os datos
    no NERTA
  2. Credencial, certificación académica ou título que habilite para o acceso
  3. Quen precise concesión de simultaneidade de estudos presentará unha certificación
    académica dos estudos a realizar noutra universidade

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

O Servizo de Xestión de Estudos de Grao / 986 813607 / soporte.grao@uvigo.es

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Do 7 de setembro ao 15 de outubro ás 23:59:59 horas

PRAZO DE RESOLUCIÓN

Cinco días hábiles desde a entrada da solicitude

SENTIDO DO SILENCIO

Desestimatorio, conforme o artigo 24 da Lei 39/2015.

NORMATIVA APLICABLE


Volver
Iniciar tramitación