SGRA - Continuación de estudos por incumprimento da normativa de permanencia e progreso en estudos de grao
Descrición
Dirixido a
Alumnado matriculado en estudos de grao na Universidade de Vigo que esgote catro convocatorias nunha ou máis materias, segundo o artigo 9.2. da normativa de permanencia e progreso.
Como facelo
A través da sede electrónica da Universidade de Vigo, polo que, será necesario posuír algún medio válido de identificación electrónica. De xeito excepcional as persoas de nacionalidade extracomunitaria sen residencia en España, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.
1.Premer no botón “iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
2.É imprescindible indicar ben no apartado de medios de aviso de notificación no momento de iniciar este procedemento unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións.
3.Anexar a documentación obrigatoria seleccionando os documentos que se desexan engadir á solicitude (só PDFs): escrito explicativo que xustifique o baixo rendemento académico e documentación acreditativa como informes médicos, vida laboral ou contratos de traballo, ou calquera outro documento que se expoña no escrito.
Documentación requirida
Escrito explicativo que xustifique o baixo rendemento académico e documentación acreditativa como informes médicos, vida laboral ou contratos de traballo, ou calquera outro documento que se expoña no escrito