SPAS - Concurso de méritos do persoal funcionario de administración e servizos da Universidade de Vigo
Descrición
Dirixido a
Persoal funcionario de administración e servizosda Universidade de Vigo
Como facelo
Realizar os seguintes pasos:
Acceder á Secretaría Virtual e identificarse.
En “funcionalidades como persoal da Universidade” premer en “Concursos PAS” e cumprimentar o formulario de participación seguindo as indicacións que figuran como “axuda”.
Xerar o impreso para descargar PDF e gardalo no PC da persoa interesada.
Asinar o formulario de participación:
Se vai presentalo por sede electrónica da Universidade de Vigo: asinar electronicamente o pdf descargado e gardalo no PC.
Se a presentación é presencial: imprimir o pdf descargado e asinalo.
Presentar a solicitude. Existen dous modos de presentación:
Electronicamente: na sede electrónica da Universidade de Vigo,
Acceder a través do botón de “iniciar tramitación” na marxe superior ou inferior dereita
Acreditación a través do certificado electrónico, DNIe, clave (permanente ou pin)
Verificar os datos persoais e cumprimentar os campos baleiros
Indicar no asunto “Concurso de méritos – Servizo de PAS”
Adxuntar o formulario de participación descargado e asinado e a documentación dixitalizada acreditativa dos méritos no apartado documentación (preferentemente o formulario de participación nun arquivo e os méritos que se acrediten en outro)
Ademais do documento “Solicitude de participación”, débese adxuntar a documentación que acredite os méritos dos solicitantes requirida na convocatoria.
Desde as 00:00 horas do 14 de outubro ás 23:59 horas do 4 de novembro de 2022.
NORMATIVA APLICABLE
·Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de universidades
·Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia
·Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
·Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civiles da Administración Xeral do Estado