SGRA – Probas de aptitude para o acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte para o curso académico 2024/2025
Descrición
Dirixido a
Calquera persoa interesada tendo en conta que, para optar a unha praza das ofertadas para iniciar os estudos de grao, haberá que estar en condicións de acceder á universidade
Como facelo
A través da sede electrónica da Universidade de Vigo, polo que, será necesario posuír algún medio válido de identificación electrónico:
·DNI electrónico (medio de identificación para os menores de 18 anos)
·Certificado dixital
·Cl@ve PIN
·Cl@ve Permanente
Para os menores de 18 anos admitirase a presentación por representante legal (pai, nai, persoa titora legal) que posúa algún dos sistemas de identificación recollidos no apartado anterior. Neste caso é preciso indicar na solicitude o nome completo e número de DNI ou documento equivalente da persoa a quen se representa, declarando de xeito responsable que a información e os datos persoais son veraces e que cumpre cos requisitos esixidos nesta convocatoria.
As persoas de nacionalidade extra comunitaria sen residencia en España, de xeito excepcional, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán comezar enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de iniciar o procedemento de solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.
Documentación requirida
A Universidade de Vigo comprobará de oficio os datos correspondentes á identidade persoal e, no seu caso, os referidos a discapacidade, familia numerosa e a condición de persoal da Uvigo, a efectos da concesión de matrícula gratuíta.
Non obstante, as persoas que queran opoñerse á consulta dos datos deberán iniciar o procedemento de exercicio de dereitos sobre a protección de datos e achegar, segundo corresponda:
1.Copia do documento nacional de identidade ou equivalente
2.Orixinal electrónico ou copia do certificado de condición legal con discapacidade expedido polo órgano competente da comunidade autónoma (non é válido o documento expedido polo INSS)
3.Orixinal electrónico ou copia do título de familia numerosa
4.Quen alegue ser vítima de terrorismo ou de violencia de xénero deberá acreditar mediante as formas previstas para cada caso.
5.Documento acreditativo sobre a condición de persoal da Uvigo ou persoa beneficiaria
Observacións
ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN
Área de Estudios de Grado (Facultad Ciencias de la Educación y del Deporte-Escuela Ingeniería Forestal)
Teléfono: 986 801702
Correo: xn.educacion.forestal@uvigo.gal
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Desde o 8 de marzo ata o 2 de abril ás 23:59 horas.
PRAZO DE RESOLUCIÓN
Calendario de publicación de listaxes provisionais e definitivos de persoas admitidas e excluídas, o prazo de presentación de reclamación ás listaxes provisionais e publicación de listaxes de persoas aptas e non aptas.
SENTIDO DO SILENCIO
Desestimatorio conforme o artigo 24 da Lei 39/2015.