SPOS - Anulación total de matrícula para estudantado de mestrado
Descrición
Dirixido a
Alumnado matriculado en titulación de mestrado que desexe anular a súa matrícula de xeito total.
Como facelo
Premer no botón Iniciar tramitación, visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
É imprescindible indicar no apartado de Medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida xa que é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións.
No apartado Documentación obrigatoria, anexar o Formulario de anulación de matrícula, previamente cumprimentado e gardado no seu equipo.
No apartado de Outros documentos, de ser o caso, anexar o resto de documentación.
Pulse o botón Enviar solicitude.
Pulsar o recadro «Si» da ventá de Confirmación de datos para finalizar o trámite de solicitude.
Si desexa descargar o Xustificante de rexistro e comprobar a documentación aportada pulse a pestana Expedientes, situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.
De xeito excepcional as persoas de nacionalidade extracomunitaria sen residencia en España, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación mínima de dous días hábiles ao remate do prazo presentación de solicitudes.
Documentación requirida
·Formulario de anulación de matrícula.
·Documentación xustificativa requerida que acredite o feito causante da solicitude.
Observacións
ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN
Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao / 986 811950 / posgrao@uvigo.es
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Desde o 9 de maio de 2026 ata o 30 de abril de 2027
Haberá que estar ao disposto na normativa de matrícula e prezos públicos, que condicionará a procedencia ou non e o carácter da anulación, ademais dos efectos económicos que conleva (devolución total, parcial ou non devolución dos prezos públicos da matrícula).
PRAZO DE RESOLUCIÓN
O prazo máximo para resolver será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da presentación de solicitude.
SENTIDO DO SILENCIO
Desestimatorio, conforme o artigo 24 da Lei 39/2015.