headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SGRA - Anulación total de matrícula para estudantes de grao

Este procedemento permite solicitar a baixa de todas as materias matriculadas nunha titulación de grao.

Estudantes con matrícula formalizada no curso 2024/2025 nunha titulación de grao da UVigo.

A través da sede electrónica da Universidade de Vigo, polo que, será necesario posuír algún medio válido de identificación electrónica. De xeito excepcional as persoas de nacionalidade extra comunitaria sen residencia en España, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.

  1. Premer no botón “iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
  2. É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións.

Non é necesario aportar documentación salvo que, a anulación total se solicite por algún dos seguintes motivos:

·         por ter unha resolución de recolocación da CiUG

·         ter unha circunstancia sobrevida grave ocorrida unha vez iniciado o curso que impida iniciar ou continuar os estudos e á persoa solicitante, xa se lle concedera unha anulación total nese mesmo curso ou dúas nos tres últimos

·          se lle autorizase mediante unha resolución reitoral de matrícula fóra de prazo.

OBSERVACIÓN IMPORTANTE NA TRAMITACIÓN

A concesión da anulación total de matrícula non implica a exoneración dos importes por servizos administrativos xerados no momento de formalizar a matrícula, polo que se instará a facer efectivo mediante unha nova folla de liquidación que se achegará á resolución a quen non teña pagados os importes de obrigado pagamento. De non facer efectiva a débeda contraída iniciarase o procedemento de constrinximento sobre o patrimonio de obrigado ao pagamento, consonte a normativa vixente.

Impedimento para a concesión: Para que se poida conceder a petición de anulación total de matrícula non se poderá incorrer nalgún dos los impedimentos establecidos no apartado 2.7.1 establecidos na convocatoria anual de matrícula.

 

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

O Servizo de Xestión de Estudos de Grao (986813607/soporte.grao@uvigo.es)

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 10 de xullo e permanecerá aberto ata o 15 de outubro ás 23:59:59 horas

PRAZO DE RESOLUCIÓN

O prazo máximo para resolver será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da presentación de solicitude.

SENTIDO DO SILENCIO

Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da Lei 39/2015.

 

NORMATIVA APLICABLE

Resolución reitoral pola que se publica a convocatoria de admisión, matrícula e avaliación nas ensinanzas de grao para cada curso académico.


Volver
Iniciar tramitación