headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SGRA - Anulación total de matrícula para estudantes de grao

Este procedemento permite solicitar a baixa de todas as materias matriculadas nunha titulación de grao.

Estudantes con matrícula formalizada no curso 2022/2023 nunha titulación de grao da UVigo.

A través da sede electrónica:

  1. Premer no botón “iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla
  2. É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións.

Non é necesario aportar documentación salvo que, a anulación total se solicite por algún dos seguintes motivos:

  • por ter unha resolución de recolocación da CiU
  • ter unha circunstancia sobrevida grave ocorrida unha vez iniciado o curso que impida iniciar ou continuar os estudos e á persoa solicitante, xa se lle concedera unha anulación total nese mesmo curso ou dúas nos tres últimos
  • se lle autorizase mediante unha resolución reitoral de matrícula fóra de prazo

OBSERVACIÓN NA TRAMITACIÓN

A concesión da anulación total de matrícula non implica a exoneración dos importes por servizos administrativos xerados no momento de formalizar a matrícula, polo que se instará a facer efectivo mediante unha nova folla de liquidación que se achegará á resolución a quen non teña pagados os importes de obrigado pagamento. De non facer efectiva a débeda contraída iniciarase o procedemento de constrinximento sobre o patrimonio de obrigado ao pagamento, consonte a normativa vixente.

Impedimento para a concesión: Para que se poida conceder a petición de anulación total de matrícula non se poderá incorrer nalgún dos impedimentos establecidos no apartado 2.3.1 da mencionada convocatoria.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

O Servizo de Xestión de Estudos de Grao (986813607/soporte.grao@uvigo.es)

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 15 de xullo e permanecerá aberto ata o 15 de outubro ás 23:59:59 horas

PRAZO DE RESOLUCIÓN

O prazo máximo para resolver será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da presentación de solicitude.

SENTIDO DO SILENCIO

Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da Lei 39/2015.

NORMATIVA APLICABLE

Resolución reitoral pola que se publica a convocatoria de admisión, matrícula e avaliación  nas ensinanzas de grao para cada curso académico.


Volver
Iniciar tramitación