headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SGRA - Admisión para cursar requisitos formativos complementarios (RFC)

Permite que persoas con títulos universitarios estranxeiros sexan admitidas para realizar os RFC que corresponda segundo cada caso.

Persoas que posúan unha resolución definitiva condicionada do ministerio español competente en materia de homologación de títulos universitarios que indique de forma expresa as carencias de formación que xustifiquen a esixencia de superación de determinados complementos previamente.

A través da sede electrónica:

  1. Premer no botón “iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
  2. É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións.
  3. No apartado “expón” especificar o motivo: “solicitude de admisión para cursar requisitos formativos complementarios (RFC)”
  4. No apartado “solicita” especificar a modalidade escollida (proba de aptitude, período de prácticas, realización dun proxecto ou traballo ou asistencia a cursos tutelados).
  5. Escoller no despregable de destinos, o centro no que se solicita a admisión
  6. Anexar a documentación obrigatoria seleccionando os documentos que se desexen engadir á solicitude (só PDFs).

Copia da resolución definitiva en materia de homologación de títulos universitarios.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

A área de grao do centro de estudos responsable da titulación solicitada.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Aberto todo o ano aínda que as datas de presentación dependerán da opción elixida:

Para a admisión na modalidade de asistencia a cursos tutelados é necesario resolver de xeito que a persoa solicitante poida matricularse no prazo ordinario de matrícula establecido na convocatoria de matrícula de cada curso académico.

Para o resto de modalidades, proba de aptitude, período de prácticas ou realización dun proxecto ou traballo a matrícula deberá formalizarse ao menos 15 días antes da realización de calquera delas.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

Resolverase no prazo máximo dun mes contado a partir do día seguinte da presentación da solicitude.

SENTIDO DO SILENCIO

Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da Lei 39/2015.

NORMATIVA APLICABLE

Resolución reitoral pola que se publica a convocatoria de admisión, matrícula e avaliación  nas ensinanzas de grao para cada curso académico .


Volver
Iniciar tramitación