headerheader-400header-800
Volver

SBOL - Premios á excelencia académica para alumnado que inicia estudos de Doutoramento na Universidade de Vigo

O obxecto desta convocatoria é atender de maneira especial ao novo alumnado da Universidade de Vigo que está a realizar no curso académico 2020/2021 estudos oficiais de Doutoramento e que destaca particularmente por unha traxectoria académica de excelencia nos estudos previos aos de Doutoramento.

Alumnado que inicia por primeira vez estudos en titulacións de Doutoramento da Universidade de Vigo

As persoas solicitantes deberán cubrir o formulario existente na sede electrónica para este procedemento (https://sede.uvigo.gal).

o   No caso de estudos de Grao ou Licenciatura cursados nunha universidade distinta á Universidade de Vigo deberán presentar a certificación académica oficial dos estudos que lle dan acceso ao programa de Doutoramento.

o   No caso de ter finalizado estudos de máster realizados nunha universidade distinta á Universidade de Vigo poderá presentar a certificación académica oficial dos estudos de máster na que conste que ten realizados todos os créditos necesarios para rematar a titulación.

o   No caso de alumnado que accede ao Doutoramento desde estudos cursados en universidades estranxeiras deberá aportar a Declaración de Equivalencia de Nota media solicitada ao Ministerio de Educación y Formación Profesional a través do seguinte enlace:

http://www.educacionyfp.gob.es/eu/servicios-al-ciudadano/catalogo/gestion-titulos/estudios-universitarios/titulos-extranjeros/equivalencia-notas-medias.html

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

Servizo de Axudas ao estudo, Bolsas e Prezos Públicos

bolsas@uvigo.es 

Telf. 986 813611

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación das solicitudes permanecerá aberto dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Taboleiro de anuncios ata o 8 de abril de 2021, ás 23:59 horas (hora peninsular española)

PRAZO DE RESOLUCIÓN

3 meses

SENTIDO DO SILENCIO

Desestimatorio

NORMATIVA APLICABLE

Resolución Reitoral de convocatoria dos Premios á Excelencia académica para alumnado que inicia estudos de Doutoramento na Universidade de Vigo no curso académico 2020/2021

Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia e a súa normativa de desenrolo

Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e a súa normativa de desenrolo.

FORMULARIOS RELACIONADOS

Formulario de alegacións

Formulario de recurso

Formulario de renuncia




Volver