SGRA - Admisión para cursar unha mención persoas tituladas na UVigo
Descrición
Dirixido a
Persoas tituladas, nunha titulación impartida en máis dun centro na UVigo, que desexen cursar unha mención noutra facultade ou escola
Como facelo
A través da sede electrónica da Universidade de Vigo, polo que, será necesario posuír algún medio válido de identificación electrónica. De xeito excepcional as persoas de nacionalidade extra comunitaria sen residencia en España, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.
1. Premer no botón “iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla
2. É imprescindible indicar ben no apartado de medios de aviso de notificación no momento de iniciar este procedemento unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións
3. No apartado “expón”: especificar o motivo: “solicitude para cursar unha mención noutro centro”
4. No apartado “solicita” especificar o nome da mención e do centro onde se imparte
5. Escoller no despregable de destinos o centro no que se solicita a admisión
Documentación requirida
Non é necesario aportar documentación
Observacións
ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN
A área de grao do centro de estudos responsable da mención solicitada
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes é do 1 ao 30 de xuño ás 23:59:59 horas
PRAZO DE RESOLUCIÓN
O 31 de xullo.
SENTIDO DO SILENCIO
Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da lei 39/2015