headerheader-400header-800
Volver

SGRA - Admisión para cursar unha mención persoas tituladas noutras universidades españolas

Cursar unha mención na UVigo

Persoas tituladas doutras universidades españolas nas titulacións de Mestra ou Mestre en Educación Infantil e/ou en Educación Primaria que desexen cursar unha mención na UVigo

A través da sede electrónica da Universidade de Vigo, polo que, será necesario posuír algún medio válido de identificación electrónica. De xeito excepcional as persoas de nacionalidade extra comunitaria sen residencia en España, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.

1.                   Premer no botón “iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla

2.                   É imprescindible indicar ben no apartado de medios de aviso de notificación no momento de iniciar este procedemento unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións

3.                   Anexar a documentación obrigatoria seleccionando os documentos a engadir á solicitude (só PDFs)

4.                   No apartado “expón”: especificar: “solicitude para cursar unha mención na UVigo”

5.                   No apartado “solicita” o nome da mención e do centro onde se imparte

6.                   Escoller no despregable, o centro onde se solicita a admisión

Non presentar a documentación obrigatoria en prazo será motivo de exclusión:

1.       Título ou certificación supletoria do mesmo e certificación académica expedida polo centro de estudos coas cualificacións obtidas nos estudos rematados ou, credencial de homologación expedida polo Ministerio de selo caso

2.       Acreditación de lingua inglesa para os casos requiridos polos centros

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

A área de grao do centro de estudos responsable da mención solicitada

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes é do 1 ao 30 de xuño ás 23:59:59 horas e deberán cumprirse os requisitos nese prazo

PRAZO DE RESOLUCIÓN

O 31 de xullo.

SENTIDO DO SILENCIO

Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da lei 39/2015

NORMATIVA APLICABLE

Resolución reitoral pola que se publica a convocatoria de admisión, matrícula e avaliación  nas ensinanzas de grao para cada curso académico


Volver