SGRA - Admisión en curso ponte de persoas tituladas por outra universidade española
Descrición
Dirixido a
Persoas que estean en posesión dun título de diplomada ou diplomado, de mestra ou mestre ou de enxeñeira técnica ou enxeñeiro técnico por unha universidade española (non pola UVigo).
Como facelo
A través da sede electrónica:
Premer no botón “iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións.
No apartado “expón”” especificar o motivo da solicitude: “solicitude de admisión no curso de adaptación (curso ponte)”
No apartado “solicita” especificar o nome do curso.
Escoller no despregable de destinos o centro no que solicta o curso de adatpación.
Anexar a documentación obrigatoria (só PDFs).
Documentación requirida
Título ou certificación supletoria do mesmo e certificación académica expedida polo centro de estudos coas cualificacións obtidas nos estudos rematados ou, credencial de homologación expedida polo Ministerio de selo caso.
Cando sexa necesario demostraranse os criterios específicos de selección disponibles no enderezo electrónico de cada centro: experiencia profesional ou creditación de lingua inglesa
Non presentar a documentación obrigatoria en prazo será motivo de exclusión
Observacións
ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN
A área de grao do centro de estudos responsable da titulación solicitada.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Do 1 de xuño ao 15 de xullo ás 23:59:59 horas
PRAZO DE RESOLUCIÓN
As listaxes provisionais publicaranse no taboleiro electrónico como máximo o 22 de xullo. Poderanse presentar reclamacións a través da sede electrónica ata o 26 de xullo.
As listaxes definitivas publicaranse antes do 26 de agosto.
NOTIFICACIÓN
As listaxes publicaranse no taboleiro electrónico
Indicarase no apartado de medios de aviso de notificación unha dirección electrónica válida.
SENTIDO DO SILENCIO
Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da lei 39/2015.