A través da sede electrónica da Universidade de Vigo, polo que, será necesario posuír algún medio válido de identificación electrónica. De xeito excepcional as persoas de nacionalidade extra comunitaria sen residencia en España, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.
1. Premer no botón “iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla
2. É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións
3. Anexar a documentación de selo caso seleccionando os documentos que se desexen engadir á solicitude (só PDFs)
4. No apartado “expón” especificar o motivo: “solicitude de admisión no curso ponte”
5. No apartado “solicita” especificar o nome da titulación solicitada
6. Escoller no despregable de destinos a opción que corresponda
ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN
A área de grao do centro de estudos responsable da titulación solicitada
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Do 1 de xuño ao 15 de xullo ás 23:59:59 horas
PRAZO DE RESOLUCIÓN
As listaxes provisionais publicaranse no taboleiro electrónico como máximo sete días naturais despois de pechado o prazo de presentación de solicitudes. Haberá un prazo de tres días naturais, contados desde o seguinte a esta publicación, para a presentación de reclamacións a través da sede electrónica
As listaxes definitivas de persoas admitidas, excluídas e en lista de espera estarán publicados como moi tarde o día anterior ao comezo do prazo ordinario de matrícula
NOTIFICACIÓN
As listaxes publicaranse no taboleiro electrónico
Indicarase no apartado de medios de aviso de notificación unha dirección electrónica válida
SENTIDO DO SILENCIO
Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da lei 39/2015
NORMATIVA APLICABLE
Resolución reitoral pola que se publica a convocatoria de admisión, matrícula e avaliación nas ensinanzas de grao para cada curso académico