SGRA - Admisión en curso ponte de persoas tituladas pola UVigo
Descrición
Dirixido a
Persoas que estean en posesión dun título de diplomada ou diplomado, de mestra ou mestre ou de enxeñeira técnica ou enxeñeiro técnico pola UVigo
Como facelo
Premer no botón Iniciar tramitación, visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións.
No apartado Documentación, anexar os arquivos coa documentación obrigatoria (en formato .PDF).
No apartado Expón, especificar o motivo: “Solicitude de admisión no curso ponte".
No apartado Solicita, especificar o nome da titulación solicitada.
Escoller no despregable de destinos a opción que corresponda.
Pulse o botón Enviar solicitude.
Pulsar o recadro «Si» da venta de Confirmación de datos para finalizar o trámite de solicitude.
Si desexa descargar o Xustificante de rexistro e comprobar a documentación aportada pulse a pestana Expedientes situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.
De xeito excepcional as persoas de nacionalidade extra comunitaria sen residencia en España, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.
Documentación requirida
Non é necesario presentar documentación salvo no caso de precisar demostrar experiencia profesional, acreditación de lingua inglesa ou calquera outro requisito específico de selección.
Observacións
ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN
A área de grao do centro de estudos responsable da titulación solicitada
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Do 1 de xuño ao 15 de xullo ás 23:59:59 horas
PRAZO DE RESOLUCIÓN
As listaxes provisionais publicaranse no taboleiro electrónico como máximo sete días naturais despois de pechado o prazo de presentación de solicitudes. Haberá un prazo de tres días naturais, contados desde o seguinte a esta publicación, para a presentación de reclamacións a través da sede electrónica
As listaxes definitivas de persoas admitidas, excluídas e en lista de espera estarán publicados como moi tarde o día anterior ao comezo do prazo ordinario de matrícula
NOTIFICACIÓN
As listaxes publicaranse no taboleiro electrónico
Indicarase no apartado de medios de aviso de notificación unha dirección electrónica válida
SENTIDO DO SILENCIO
Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da lei 39/2015