headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SGRA - Admisión en curso ponte de persoas tituladas pola UVigo

Procedemento de admisión para cursar unha titulación de grao mediante a realización dun curso de adaptación (curso ponte).

Persoas que estean en posesión dun título de diplomada ou diplomado, de mestra ou mestre ou de enxeñeira técnica ou enxeñeiro técnico pola UVigo.

A través da sede electrónica:

  1. Premer no botón “iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
  2. É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións.
  3. No apartado “expón” especificar o motivo da solicitude: “solicitude de admisión no curso de adaptación (curso ponte)”
  4. No apartado “solicita”: o nome do curso
  5. Escoller no despregable de destinos o centro no que se solicita a admisión.
  6. Anexar a documentación, de ser o caso (só PDFs).

Non é necesario presentar documentación salvo no caso de precisar demostrar experiencia profesional, acreditación de lingua inglesa ou calquera outro requisito específico de selección.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

A área de grao do centro de estudos responsable da titulación solicitada.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Do 1 de xuño ao 15 de xullo ás 23:59:59 horas

PRAZO DE RESOLUCIÓN

As listaxes provisionais publicaranse no taboleiro electrónico como máximo o 22 de xullo. Poderanse presentar reclamacións a través da sede electrónica ata o 26 de xullo.

As listaxes definitivas publicaranse antes do 26 de agosto.

SENTIDO DO SILENCIO

Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da lei 39/2015.

NORMATIVA APLICABLE

Resolución reitoral pola que se publica a convocatoria de admisión, matrícula e avaliación  nas ensinanzas de grao para cada curso académico.



Volver
Iniciar tramitación