headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SGRA - Cambio no réxime de permanencia da matrícula nunha titulación de grao

É o procedemento que permite cambiar o réxime de permanencia de dedicación de tempo completo a tempo parcial.

Dirixido a estudantes que teñan matrícula formalizada nunha titulación de grao.

A través da sede electrónica da Universidade de Vigo:

  1. Premer no botón “iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
  2. Anexar a documentación obrigatoria seleccionando os documentos que se desexen engadir á solicitude (só PDFs).
  3. No apartado “expón” especificar o motivo da solicitude: “solicitude de cambio no réxime de permanencia” e o nome da titulación de grao matriculada.
  4. É imprescindible indicar ben no apartado de medios de aviso de notificación no momento de iniciar este procedemento unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións.

Dado que é necesario ter algunha circunstancia como as indicadas no artigo 3 da normativa de permanencia e progreso nas titulacións de grao e de máster, as persoas solicitantes terán que xustificar calquera das seguintes situacións:

  1. de carácter laboral
  2. familiar
  3. por atención a persoas dependentes
  4. por actividades deportivas de alto nivel
  5. calquera outra circunstancia que considere que poida impedir a dedicación plena aos estudos

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

A Área de estudos de Grao no que o alumnado estea matriculado.

Areas de Grao

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes é do 15 de xullo ao 15 de outubro ás 23:59:59 horas

PRAZO DE RESOLUCIÓN

O prazo máximo para resolver será de un mes, contados a partir do día seguinte ao da presentación de solicitude. A resolución favorable permitirá, no prazo que esta indique, axustar os créditos na matrícula para ese curso.

NOTIFICACIÓN

Indicarase no apartado de medios de aviso de notificación unha dirección electrónica válido.

SENTIDO DO SILENCIO

Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da lei 39/2015.

NORMATIVA APLICABLE

normativa de permanencia e progreso nas titulacións de grao e de máster.

Resolución reitoral pola que se publica a convocatoria de admisión, matrícula e avaliación  nas ensinanzas de grao para cada curso académico.


Volver
Iniciar tramitación