Estudantes procedentes dunha titulación universitaria oficial estranxeira
A través da sede electrónica da Universidade de Vigo, polo que, será necesario posuír algún medio válido de identificación electrónica. De xeito excepcional as persoas de nacionalidade extra comunitaria sen residencia en España, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.
1. Premer no botón “iniciar tramitación” visible na marxe superior dereita da pantalla.
2. É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida xa que é medio polo que van a facer os avisos das notificacións.
3. Anexar a documentación obrigatoria, indicada a continuación, seleccionando os documentos que se desexen engadir á solicitude (só PDFs).
4. No apartado “expón” haberá que especificar o nome da titulación de grao e o centro no que se quere a admisión.
5. No apartado “solicita”: o recoñecemento dos estudos estranxeiros aos efectos de obter praza na titulación de grao e centro indicados no apartado anterior.
6. Escoller no despregable de destinos o centro no que se solicita a admisión.
Os documentos aportados deberán ser oficiais e estar expedidos polas autoridades competentes de acordo co ordenamento xurídico do país do que se trate e, cando estean nunha lingua distinta do galego ou castelán, acompañarase a correspondente tradución xurada.
1. Certificación académica expedida pola universidade de procedencia na que conste, o número de materias cursadas, carga lectiva expresada en horas ou créditos e sistema de cualificación de procedencia. Indicará as cualificacións máxima e mínima no sistema de avaliación correspondente e farase constar cal é a cualificación mínima para aprobar.
2. Os programa ou guías docentes das materias superadas expedidas polo centro de estudos acompañaranse do plan de estudos da titulación de orixe selado polo centro de procedencia.
3. Declaración de equivalencia da nota media de expedientes académicos universitarios realizados en centros estranxeiros, obtida a través do procedemento en liña establecido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.
4. Declaración responsable ou resolución do ministerio. Neste punto haberá que subir o documento que corresponda segundo cada caso a elixir entre os seguintes:
4.1. Declaración de estudos NON terminados ou,
4.2. Declaración de estudos terminados manifestando que non está iniciada e de que non se iniciará no futuro o procedemento de homologación ou equivalencia ao nivel universitario oficial do título en España ou,
4.3. Quen tendo os estudos rematados e iniciara o procedemento de homologación no Ministerio, deberá presentar a resolución denegatoria da homologación na que conste expresamente a posibilidade de recoñecer parcialmente materias nunha universidade española.
ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN
O órgano de dirección do centro de estudos responsable da titulación solicitada.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Do 1 de marzo ao 30 de abril de 2024 ás 23:59:59 horas.
PRAZO DE RESOLUCIÓN
O 1 de xuño.
SENTIDO DO SILENCIO
Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da lei 39/2015.
NORMATIVA APLICABLE