A través da sede electrónica da Universidade de Vigo, polo que, será necesario posuír algún medio válido de identificación electrónica. De xeito excepcional as persoas de nacionalidade extra comunitaria sen residencia en España, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.
1. Premer no botón “iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla
2. É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións
3. No apartado “expón” especificar o motivo: “solicitude de cambio de universidade”
4. No apartado “solicita” especificar o centro e a titulación para o que se desexa o cambio
5. Escoller no despregable de destinos, a opción que corresponda
É necesario aportar documentación e non presentala será motivo de exclusión:
· Certificación académica expedida pola universidade de procedencia