A través da sede electrónica da Universidade de Vigo, polo que, será necesario posuír algún medio válido de identificación electrónica. De xeito excepcional as persoas de nacionalidade extra comunitaria sen residencia en España, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.
1. Premer no botón “iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla
2. É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións
3. No apartado “expón” especificar o motivo: “solicitude de abandono dun dos dous graos dun PCEO”
4. No apartado “solicita” especificar o nome do grao que desexa abandonar
5. Escoller no despregable de destinos o centro no que se solicita o abandono
ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN
A área de grao do centro de estudos responsable da titulación solicitada
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Do 1 ao 30 de xuño ás 23:59:59 horas
PRAZO DE RESOLUCIÓN
O 31 de xullo.
SENTIDO DO SILENCIO
Estimatorio, conforme ao artigo 24 da lei 39/2015
NORMATIVA APLICABLE
Normativa de Programa Conxunto de Estudos Oficiais de Grao