1. Premer no botón Iniciar tramitación visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
2. É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións.
3. No apartado Expón, especificar o motivo: “Solicitude de abandono dun dos dous graos dun PCEO”.
4. No apartado Solicita, especificar o nome do grao que desexa abandonar.
5. Escoller no despregable de destinos o centro no que se solicita o abandono.
6. Pulse o botón Enviar solicitude.
7. Pulsar o recadro «Si» da ventá de Confirmación de datos para finalizar o trámite de solicitude.
8. Si desexa descargar o Xustificante de rexistro e comprobar a documentación aportada pulse a pestana Expedientes, situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.
De xeito excepcional as persoas de nacionalidade extra comunitaria sen residencia en España, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.