headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SGRA - Abandono dun dos dous graos dun PCEO

Abandonar unha das titulacións de grao que conforman o PCEO

Estudantes que cursen un PCEO na UVigo

1.       Premer no botón Iniciar tramitación visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.

2.       É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións.

3.       No apartado Expón, especificar o motivo: “Solicitude de abandono dun dos dous graos dun PCEO”.

4.       No apartado Solicita, especificar o nome do grao que desexa abandonar.

5.       Escoller no despregable de destinos o centro no que se solicita o abandono.

6.       Pulse o botón Enviar solicitude.

7.       Pulsar o recadro «Si» da ventá de Confirmación de datos para finalizar o trámite de solicitude.

8.       Si desexa descargar o Xustificante de rexistro e comprobar a documentación aportada pulse a pestana Expedientes, situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.

De xeito excepcional as persoas de nacionalidade extra comunitaria sen residencia en España, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.

Non se require documentación

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

A área de grao do centro de estudos responsable da titulación solicitada

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Do 1 ao 30 de xuño ás 23:59:59 horas

PRAZO DE RESOLUCIÓN

O 31 de xullo de 2025.

SENTIDO DO SILENCIO

Estimatorio, conforme ao artigo 24 da lei 39/2015

NORMATIVA APLICABLE

Normativa de Programa Conxunto de Estudos Oficiais de Grao

CONVOCATORIA DE ADMISIÓN, MATRÍCULA E AVALIACIÓN NAS ENSINANZAS DE GRAO PARA O CURSO ACADÉMICO 2025/2026

Volver
Iniciar tramitación