headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

SGRA - Simultaneidade de estudos para estudantes de grao

Este procedemento permite solicitar permiso para cursar dúas titulacións universitarias oficiais.

Estudantes con unha matrícula formalizada na UVigo no curso para o que se solicita nas modalidades de continuación de estudos ou curso ponte que pretendan matricularse en outra titulación universitaria oficial española.

A través da sede electrónica da Universidade de Vigo, polo que, será necesario posuír algún medio válido de identificación electrónica. De xeito excepcional as persoas de nacionalidade extra comunitaria sen residencia en España, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.

  1. Premer no botón “iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.

2.        2.. No apartado “expoñe” especificar: “solicitude de simultaneidade”

3.      3. No apartado “solicita” especificar o nome da titulación de grao que se desexa simultanear e o da universidade no caso de que a outra titulación non sexa na UVigo.

  1. É imprescindible indicar no apartado de medios de aviso de notificación, no momento de iniciar este procedemento, unha dirección electrónica válida xa que, é o medio polo que se van facer os avisos de ditas notificacións.

Non haberá que presentar documentación salvo quen teña matrícula formalizada noutra universidade, que achegará unha certificación académica oficial.

OBSERVACIÓN NA TRAMITACIÓN

Non se concederá simultaneidade de estudos ao alumnado na modalidade de primeira matrícula.

Para que se poida conceder simultaneidades, ademais de non superar entre as dúas titulacións o máximo de créditos establecidos na normativa de simultaneidade de estudos da UVigo, haberá que esperar a que na titulación solicitada resulten prazas sen cubrir ao remate do procedemento de admisión correspondente, é dicir, no proceso convocado pola CiUG ou nos cursos ponte.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

O Servizo de Xestión de Estudos de Grao (986813607/soporte.grao@uvigo.es)

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Do 1 de setembro ata o 31 de outubro ás 23:59:59 horas.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

O prazo máximo para resolver será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ao da presentación de solicitude.

SENTIDO DO SILENCIO

Desestimatorio, conforme ao artigo 24 da Lei 39/2015.

NORMATIVA APLICABLE

Normativa de simultaneidade de estudos da UVigo.

Resolución reitoral pola que se publica a convocatoria de admisión, matrícula e avaliación  nas ensinanzas de grao para cada curso académico.


Volver
Iniciar tramitación