Primeiro.- A persoa solicitante cumprimentará o formulario de solicitude a través da secretaría virtual da Universidade de Uvigo:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13601
Unha vez cumprimentado, premerá no botón "Imprimir PDF" do formulario, descargaráo e asinaráo con certificado dixital. Este será o documento que presentará na sede electrónica, segundo as indicacións do seguinte paso.
Segundo.- Dentro do prazo de solicitudes, accederá á sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal), elixindo o procedemento “VI Edición dos Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga da Universidade de Vigo”. Despois de ler a información deberá premer no botón “INICIAR TRAMITACIÓN”. No campo "Documentación" engadirase o documento PDF xerado no paso 1. De seguido, premerá en "enviar solicitude".
O "xustificante de presentación en sede" xerado inclúe a ligazón e o contrasinal de acceso que se precisará para cargar o traballo ou mérito que se presenta á convocatoria. Dito arquivo co traballo ou mérito debe nomearse co número de xustificante de presentación e seguirá o modelo Anexo I que acompaña a esta convocatoria. Deberá cargarse no enderezo indicado dentro do prazo de presentación de solicitudes.
Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.
ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN
Vicerreitoría do campus de Ourense
vicou@uvigo.gal
Tel.: 988387300
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 10 de setembro de 2024 ás 00:00 horas e remata o 22 de setembro de 2024, ás 23:59 horas (hora peninsular española).
Neste mesmo prazo cargarase o Anexo I no enderezo ao que se accede premendo na ligazón que aparecerá no xustificante de presentación en sede da solicitude.
A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude.
PRAZO DE RESOLUCIÓN
3 meses
SENTIDO DO SILENCIO
Negativo
NORMATIVA APLICABLE