headerheader-400header-800
Volver
Iniciar tramitación

VICOU - VIII Edición dos Premios de Investigación, transferencia e divulgación científica do Campus Auga da Universidade de Vigo

Presentación de candidaturas aos Premios de investigación, transferencia e divulgación científica do Campus Auga, nas seguintes liñas de traballo: “Alimentación funcional”, “Agricultura e medio ambiente”, “Xestión da auga termal”, “Intelixencia artificial”, “Economía circular” e “Lexislación Agroalimentaria e Ambiental"

PDI (Persoal Docente e Investigador), PI (Persoal Investigador) e Estudantado, que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria para cada modalidade.

1º) NA SECRETARÍA VIRTUAL:

  • Unha vez cumprimentado, premer no botón "Imprimir PDF" do formulario, descargar o formulario e asinalo con certificado dixital. Deberá gardar o PDF para presentalo a través de Sede Electrónica, como se indica no seguinte paso.

2º) EN SEDE ELECTRÓNICA:

  1. Premer o botón Iniciar tramitación visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
  2. No punto Documentación obrigatoria , achegar o PDF obtido de Secretaría virtual.
  3. Pulsar o botón Enviar Solicitude.
  4. Na ventá de Confirmación de datos, pulsar o recadro «Si» para finalizar o trámite de solicitude.
  5. Descargar o “Xustificante de rexistro”, que inclúe a ligazón e contrasinal necesarios para presentar o Anexo I que acompaña á convocatoria.
  6. Para consultar a documentación presentada, pode acceder a pestana Expedientes, situada na segunda posición da marxe dereita da súa pantalla.

3º) PRESENTACIÓN DO ANEXO I:

  • Acceder a ligazón e use o contrasinal que atopará no “Xustificante de rexistro” (punto 5 anterior) para presentar o “Anexo I” da convocatoria en formato PDF.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

Vicerreitoría do campus de Ourense

vicou@uvigo.gal

Tel.: 988387300

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Do 15 de julio de 2026 ás 00:00 horas ata ó 31 de julio de 2026, ás 23:59 horas (hora peninsular española).

PRAZO DE RESOLUCIÓN

3 meses

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo

NORMATIVA APLICABLE

Resolución reitoral do 13 de xullo de 2026 pola que se convoca a VIII Edición dos Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica do Campus Auga da Universidade de Vigo

Volver
Iniciar tramitación