VICOU - Concurso de intervención artística Campus Auga 2024
Descrición
Dirixido a
Pode participar calquera persoa maior de idade, de xeito individual ou en grupo.
Como facelo
Pasos a seguir para participar:
A persoa autora da obra ou a persoa que representa ao grupo de traballo cumprimentará o formulario de participación a través da secretaría virtual da Universidade de Uvigo.
Unha vez cumprimentado, premerá no botón "Imprimir PDF" do formulario, descargaráo e asinaráo con certificado dixital. Este será o documento que presentará na sede electrónica, segundo as indicacións do seguinte paso.
Dentro do prazo de solicitudes, accederá á sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal), elixindo o procedemento “Concurso de Intervención Artística Campus Auga 2024”. Despois de ler a información deberá premer no botón “INICIAR TRAMITACIÓN”. No campo "Documentación" engadirase o documento PDF xerado no paso 2. De seguido, premerá en "enviar solicitude".
O "xustificante de presentación en sede" xerado inclúe a ligazón e o contrasinal de acceso que se precisará para cargar a obra que se presenta ao concurso. O arquivo da obra ou traballo debe nomearse co número de xustificante de presentación e constará dundossier en formato .pdf cun tamaño máximo de 15 MB, que conteña a seguinte documentación:
- reprodución dixital da obra e, se é posible, simulación da mesma no espazo destinado ao concurso
- ficha técnica completa da obra: título e materiais a utilizar coas cantidades, se fose o caso, aproximadas e necesarias para a súa elaboración
- texto breve explicativo da obra
- breve currículo (opcional): non máis de 15 liñas e un máximo de 5 fotografías doutros traballos. Non incluirá datos persoais identificativos
Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.
O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 4 de xullo de 2024 ás 00:00 horas e remata o 30 de setembro de 2024, ás 23:59 horas (hora peninsular española).
Neste mesmo prazo cargarase a obra no programa informático ao que se accede premendo na ligazón que aparecerá no xustificante de presentación en sede da solicitude.
A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude.