headerheader-400header-800
Volver

SINV - Ayudas FPI

Presentación de solicitudes para seleccionar por concorrencia competitiva a unha persoa que poida converterse en novo persoal investigador en formación mediante a formalización dun contrato predoutoral asociado ao «Proyecto de Generación de Conocimiento» PID2022-137027OB-I00.

Alumnado de doutoramento que cumpra os requisitos para matricularse na Universidade de Vigo no curso 2024/25 ou estudantes que estean en disposición de cumplilos na data de matrícula.

Procedemento exclusivo a través da sede electrónica, para presentar unha solicitude débese acceder a través do botón de «Iniciar tramitación» na marxe superior ou inferior dereita.

-   Copia de pasaporte só para as persoas extracomunitarias que empreguen o procedemento excepcional de presentación de solicitudes.

-   Formulario de solicitude conforme ao anexo IV da convocatoria de axudas.

-   Copia de certificacións académicas conforme ao sinalado nas bases da convocatoria.

-   Curriculum vitae abreviado conforme a modelo normalizado.

-   Breve memoria do proxecto de tese de doutoramento.

ÓRGANO ENCARGADO DE TRAMITACIÓN

Sección de Recursos Humanos de I+D

Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento

seccion.rrhh.investigacion@uvigo.gal

986813596/813599/130230

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Dende o día seguinte da publicación da convocatoria no taboleiro de anuncios electrónicos da Universidade de Vigo ata o 5 de xullo de 2024 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite a solicitude.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

Catro meses

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo

NORMATIVA APLICABLE

Lei 38/2003, de 17 de novembro xeral de subvencións e a súa normativa de desenvolvemento.

Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema Universitario

Decreto 13/2019, de 24 de xaneiro polo que se aprobaron os estatutos da Universidade de Vigo.

Orde pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada para o ano 2022 do procedemento de concesión de axudas a «Proyectos de Generación de Conocimiento» e a actuacións para a formación de persoal investigador predoutoral asociadas aos devanditos proxectos, no marco do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023.

Resolución reitoral pola que se convocan as axudas para contratación de persoal investigador predoutoral asociado a «Proyectos de Generación del Conocimiento», 2022.


Volver