headerheader-400header-800
Volver

SXER - Reclamación á proclamación provisoria de resultados. Eleccións de representantes de estudantes nos consellos de departamento.

Mediante este procedemento as persoas candidatas poderán presentar un escrito de reclamación ante a Comisión Electoral, no caso de detectar algún erro na proclamación provisoria de candidaturas electas.

Estudantes que presentaron a súa candidatura para as eleccións de representantes nos consellos de departamento, consonte a normativa aplicable.

A través da sede electrónica da Uvigo:

  1.   Premer no botón “Iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
  2.   Anexar o escrito. Recoméndase indicar no asunto o nome do procedemento (Reclamación á proclamación provisoria de resultados. Eleccións de representantes de estudantes nos consellos de departamento).

PrPresencialmente:

  1. Poderá presentarse o escrito de reclamación nas oficinas de asistencia en materia de rexistro de calquera dos tres campus.

CCampus de Vigo:

  • Edificio Exeria - Servicios Centrais.
  • Edificio anexo Escola de Enxeñaría Industrial (sede cidade). Rúa Torrecedeira, 86.

Campus de Ourense:

  • Edificio Administrativo. Campus universitario As Lagoas.

Campus de Pontevedra:

  • Escola de Enxeñaría Forestal. Campus universitario A Xunqueira.

Escrito razoado dirixido á Presidencia da Comisión Electoral no que se fundamente a reclamación.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

·         Secretaría Xeral

·         986 812018 / 986 813614

·         cosecxeral@uvigo.gal / sxeral@uvigo.gal

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Dende o día 14 ata o 16 de marzo de 2023.

INFORMACIÓN ADICIONAL

Transcorrido o prazo de reclamacións, a Comisión Electoral publicará a proclamación definitiva de candidaturas electas o día 22 de marzo de 2023, consonte o establecido no calendario electoral.

NORMATIVA APLICABLE

  1. Resolución, do 19 de febreiro de 2023, de convocatoria de eleccións
  2. Regulamento electoral xeral da Universidade de Vigo
  3. Decreto 13/2019, de 24 de xaneiro, polo que se aprobaron os estatutos da UVigo: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/267

Volver