SINV - Axudas propias para a mobilidade de persoal investigador da Universidade de Vigo
Descrición
Dirixido a
Alumnado de doutoramento e persoal investigador predoutoral en período POP.
Como facelo
No aplicativo SUXI: tramitar a solicitude de axudas seguindo o titorial que se publica xunto coa convocatoria.
Na SEDE: presentar única y exclusivamente o resgardo de formulario de solicitude xenerado polo SUXI debidamente a través do procedemento «SINV-Axudas propias para a mobilidade de persoal investigador da Universidade de Vigo», indicando no asunto «Solicitude de axudas propias de mobilidade modalidade viaxes» ou «Solicitude de axudas propias de mobilidade modalidade estadías» e dirixíndoa ao Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento.
Documentación requirida
Resgardo de solicitude xerado polo aplicativo SUXI, debidamente asinado.
Dende o día seguinte da publicación da convocatoria no taboleiro de anuncios electrónicos da Universidade de Vigo ata o 24 de abril de 2024 ás 23:59 horas (hora peninsular española).
A presentación fórma de prazo supón a non admisión a trámite a solicitude.
PRAZO DE RESOLUCIÓN
Seis meses
SENTIDO DO SILENCIO
Negativo
NORMATIVA APLICABLE
Lei 38/2003, de 17 de novembro xeral de subvencións e a súa normativa de desenvolvemento.
Lei orgánica 6/2001, de 21 de decembro, modificada pola Lei 4/2007, de 12 de abril, de universidades.
Decreto 13/2019, de 24 de xaneiro polo que se aprobaron os estatutos da Universidade de Vigo.