Realizar os seguintes pasos:
1. Acceder ao formulario de participación:
https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo e premer en Solicitude de admisión nos procesos de selección
2. Pagar os dereitos de participación, segundo o importe que se establece na base terceira da convocatoria.
3. Presentar a solicitude. Existen dous modos de presentación:
A. Electronicamente:
I. Acceder a través do botón de “iniciar tramitación” na marxe superior ou inferior dereita
II. Indicar en expón “Convocatoria por concurso-oposición – Servizo de PAS”, en solicita “código EOR22402” e en destino “Servizo de Personal de Administración e Servizos”.
III. Achegar o formulario de participación descargado e asinado (paso 1) e a documentación de pagamento dos dereitos de participación (paso 2), ou ben a documentación que xustifique que non ten a obriga de pagalos total o parcialmente
B. Presencialmente: nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro da Universidade de Vigo ou a través dos restantes medios recollidos no art. 16.4 da Lei 39/ 2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas presentando os documentos indicados nos pasos 1 (asinado) e 2.
Achegar o formulario de participación descargado e asinado (paso 1), a documentación de pagamento dos dereitos de participación (paso 2), ou ben a documentación que xustifique que non ten a obriga de pagalos total o parcialmente e a certificación do Celga (no seu caso)
ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN
Servizo de Persoal de Administración e Servizos
consultapas@uvigo.es
986813762
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Dende as 00:00 horas do 19 de decembro ás 23:59 horas do 16 de xaneiro de 2023.
PRAZO DE RESOLUCIÓN
6 Meses dende a constitución do tribunal, sen contar o mes de agosto.
NORMATIVA APLICABLE
· Ley orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades.
· Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público.
· Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
· Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
· Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.
· Estatutos da Universidade de Vigo.
· Resolución do 1 de decembro de 2022 pola que se convoca proceso selectivo de acceso libre e promoción interna polo sistema de concurso-oposición para o ingreso en diferentes escalas e subescalas de persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo