headerheader-400header-800
Volver

XER - Solicitude participación no proceso de selección para a provisión do posto de director/a Xeral Fundación da Universidade de Vigo.

Convocatoria dun proceso de selección para a cobertura da dirección xeral da Fundación Universidade de Vigo

Persoas que cumpran os requisitos establecidos nas bases da convocatoria

As solicitudes presentaranse exclusivamente a través da sede electrónica da Universidade de Vigo, premendo en “iniciar tramitación”, achegando a documentación esixida polas bases da convocatoria e indicando no Asunto: Convocatoria FUVI

DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA

A solicitude de participación na convocatoria acompañarase da seguinte documentación:

  • DNI, NIE ou pasaporte en vigor.
  • Curriculum vitae, no que se farán constar, alomenos, titulación ou grao académico acadado, formación, nivel de idiomas e experiencia profesional. Asemade poderá alegarse calquera outra circunstancia ou mérito que pudiese interesar.
  • Documentos acreditativos dos méritos alegados no curriculum. Non obstante, a comisión de selección poderá requerir do interesado a aportación dos documentos xustificativos ou aclaración dos presentados en calquera intre do proceso incluido o intre da entrevista.

ÓRGANO ENCARGADO DE LA TRAMITACIÓN

Xerencia da Universidade de Vigo

Teléfono: 986813560 / 986813408

correo-e: xerencia@uvigo.gal / vicexerencia2@uvigo.gal

PRAZO DE PRESENTACIÓN

10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia

NORMATIVA APLICABLE

 Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, por el que se regula la relación laboral de carácter especial do personal de alta dirección

Convocatoria

Volver