Comunidade universitaria da Universidade de Vigo (PTXAS, PDI, ESTUDANTADO), coas especificacións, que para cada premio, se recollen na convocatoria.
1. A persoa autora da obra ten que cumprimentar o formulario de participación correspondente ao premio ao que opte.
2. Premer no botón “INICIAR TRAMITACIÓN”.
No campo “Asunto” indicará o premio e a modalidade á que opta.
No campo “Documentación” engadirá o formulario de participación indicado no paso anterior.
Por último, premerá en “Enviar solicitude”, este paso xerará o xustificante de presentación en sede.
3. O xustificante de presentación en sede inclúe as ligazóns para cargar a obra que presenta ao concurso e o contrasinal de acceso que se necesitará para realizala a través de DPV
4. Para finalizar, o arquivo da obra ou traballo debe nomearse co número de “xustificante de presentación en sede” e deberá ter o formato que se especifique na convocatoria para cada modalidade de premio.
Non se admitirán a trámite as solicitudes presentadas por outras vías.