headerheader-400header-800
Volver

SXER - Reclamación á proclamación provisoria de resultados. Eleccións– Claustro (PAS/PDI)

Mediante este procedemento as persoas candidatas poderán presentar un escrito de reclamación ante a Comisión Electoral, no caso de detectar algún erro na proclamación provisoria de candidaturas electas.

PDI e PAS que presentaron a súa candidatura para as eleccións de representantes no Claustro consonte a normativa aplicable.

A través da sede electrónica da Uvigo:

1.       Premer no botón “Iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.

2.       Anexar o escrito. Recoméndase indicar no asunto o nome do procedemento (Reclamación á proclamación provisoria de resultados. Eleccións– Claustro).

Presencialmente:

1.       Poderá presentarse o escrito de reclamación nas oficinas de asistencia en materia de rexistro de calquera dos tres campus.

Campus de Vigo:

·         Edificio Exeria - Servicios Centrais.

·         Edificio anexo Escola de Enxeñaría Industrial (sede cidade). Rúa Torrecedeira, 86.

Campus de Ourense:

·         Edificio Administrativo. Campus universitario As Lagoas.

Campus de Pontevedra:

·         Escola de Enxeñaría Forestal. Campus universitario A Xunqueira.

Escrito razoado dirixido á Presidencia da Comisión Electoral no que se fundamente a reclamación.

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

·         Secretaría Xeral

·         986 812018 / 986 813614

·         cosecxeral@uvigo.gal / sxeral@uvigo.gal

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Dende o día 6 ata o 10 de maio de 2022.

INFORMACIÓN ADICIONAL

Transcorrido o prazo de reclamacións, a Comisión Electoral publicará a proclamación definitiva de candidaturas electas o día 11 de maio de 2022, consonte o establecido no calendario electoral.

NORMATIVA APLICABLE

1.       Resolución, do 1 de febreiro de 2022, de convocatoria de eleccións

2.       Procedemento para a elección de reitor/a da Universidade de Vigo e de representantes no Claustro Universitario

3.       Regulamento electoral xeral da Universidade de Vigo

4.       Decreto 13/2019, de 24 de xaneiro, polo que se aprobaron os estatutos da UVigo: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/267


Volver