A través da sede electrónica da Uvigo:
1. Premer no botón “Iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
2. Anexar o escrito. Recoméndase indicar no asunto o nome do procedemento (Reclamación á proclamación provisoria de resultados. Eleccións– Reitoría).
Presencialmente:
1. Poderá presentarse o escrito de reclamación nas oficinas de asistencia en materia de rexistro de calquera dos tres campus.
Campus de Vigo:
· Edificio Exeria - Servicios Centrais.
· Edificio anexo Escola de Enxeñaría Industrial (sede cidade). Rúa Torrecedeira, 86.
Campus de Ourense:
· Edificio Administrativo. Campus universitario As Lagoas.
Campus de Pontevedra:
· Escola de Enxeñaría Forestal. Campus universitario A Xunqueira.