SXER - Reclamación á proclamación provisoria de candidaturas. Eleccións estudantado– Claustro
Descrición
Dirixido a
O estudantado que presentou a súa candidatura para as eleccións de representantes de estudantes no Claustro consonte a normativa aplicable.
Como facelo
A través da sede electrónica da Uvigo:
1.Premer no botón “Iniciar tramitación” visible na marxe superior ou inferior dereita da pantalla.
2.Anexar o escrito. Recoméndase indicar no asunto o nome do procedemento (Reclamación á proclamación provisoria de candidaturas. Eleccións estudantado Claustro).
Presencialmente:
1.Poderá presentarse o escrito de reclamación nas oficinas de asistencia en materia de rexistro de calquera dos tres campus.
Campus de Vigo:
·Edificio Exeria - Servicios Centrais.
Campus de Ourense:
·Edificio Administrativo. Campus universitario As Lagoas.
Campus de Pontevedra:
Escola de Enxeñaría Forestal. Campus universitario A Xunqueira.
Documentación requirida
Escrito razoado dirixido á Presidencia da Comisión Electoral no que se fundamente a reclamación.
Transcorrido o prazo de reclamacións, a Comisión Electoral publicará a proclamación definitiva de candidaturas o 06 de maio de 2024, consonte o establecido no calendario electoral.