headerheader-400header-800
Volver

EAFP - Axudas económicas para actividades formativas e de divulgación 2023

A convocatoria pretende apoiar as actividades formativas e de divulgación, xeradas principalmente polos Grupos de Innovación Docente, como a xeración de recursos educativos abertos (REA), cursos de autoformación en liña, xornadas ou conferencias.

O PDI da Universidade de Vigo, principalmente que coordine un Grupo de Innovación Docente (GID).

A solicitude presentarase na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/) a través do procedemento Convocatoria de axudas económicas para actividades formativas e de divulgación 2023.

As alegacións presentaranse no prazo estipulado na convocatoria na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/) a través do procedemento Alegacións e irá dirixido á Escola Aberta de Formación Permanente.

>   Achegarase a solicitude que se atopa no Anexo I.

>   As facturas proforma pola elaboración de manuais, unidades didácticas, libros, capítulos, aplicacións móbiles e software con finalidade docente. Esta documentación deberá ser enviada en formato PDF.

 ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

Escola Aberta de Formación Permanente.

Área de Formación e Innovación Educativa.

Correo electrónico: eafp.innovacion@uvigo.es.

Teléfono: 986812035.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación desta convocatoria ata ás 23:59 horas do 17 de marzo de 2023.

PRAZO PARA RESOLVER

Tres meses.

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo.

NORMATIVA APLICABLE


Volver