headerheader-400header-800
Volver

ORI - Convocatoria Erasmus estudos 2022-2023

Selección do alumnado para realizar unha estadía Erasmus nunha universidade estranxeira, en países participantes no actual programa Erasmus+ estudos, durante o curso 2022-2023.

Alumnado da Universidade de Vigo matriculado en programas de Grao, Mestrado ou Doutoramento.

Formulario plataforma Moveon:

  1. Cubrir o formulario de participación en liña en:  https://uvigo.moveon4.de/locallogin/614861f39c62011579567965/spa rexistrándose no campo correo electrónico, co dominio @alumnos.uvigo.es para poder posteriormente iniciar sesión.
  2. Descargar o formulario unha vez cuberto e asinalo dixitalmente.
  3. Presentar o formulario de participación en liña e a través da sede electrónica da Uvigo https://sede.uvigo.gal , polo procedemento ORI-Convocatoria Erasmus+ Estudos 2022-2023.

A solicitude deberá vir acompañada da seguinte documentación:

  • Solicitude
  • O alumnado de Belas Artes deberá presentar un proxecto artístico en PDF.
  • Certificado de mobilidade no caso do alumnado que desfrutase dunha bolsa Erasmus+  durante o Ciclo Superior de Formación Profesional, que deberá indicar o número exacto de meses e días de estadía realizados.
  • Certificación de idioma (consultar punto 3.4 da convocatoria).

ÓRGANO ENCARGADO DA TRAMITACIÓN

Oficina de Relacións Internacionais  986 813550/818726  outgoing.ori@uvigo.gal

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Desde o día seguinte á publicación da convocatoria  ata o 21 de xaneiro de 2022.

PRAZO DE RESOLUCIÓN

3 meses a contar desde o día seguinte ao prazo de presentación de solicitudes.

SENTIDO DO SILENCIO

Negativo

NORMATIVA APLICABLE:

  1. Convocatoria Erasmus+ estudos.
  2. Regulamento de mobilidade internacional da Universidade de Vigo: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/416
  3. Lei orgánica 6/2001, de 21 de decembro, modificada por Lei 4/2007, de 12 de abril, de universidades: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/19
  4. Decreto 13/2019, de 24 de xaneiro, polo que se aprobaron os estatutos da UVigo: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/267

FORMULARIOS RELACIONADOS


Volver